MANIPULADOR DE ALIMENTOS DE ALTO RISCO

16/08/2022
MANIPULADOR DE ALIMENTOS DE ALTO RISCO

CURSO DO CATÁLOGO DE ESPECIALIDADES DO SEPE. INADO52PO. MANIPULADOR DE ALIMENTOS DE ALTO RISCO. 25 HORAS. ONLINE

DATAS Dispoñible partir do 16 de Agosto

HORARIO: Online. 24/7 (Poderás acceder a plataforma virtual de aprendizaxe as 24 horas, os 7 días da semana).

DURACIÓN25 horas

Recursos necesarios: dispositivo electrónico e conexión a internet.

Obxectivo:

Aplicar as técnicas adecuadas de hixiene e sanidade alimentaria na manipulación de alimentos, para impedir a súa contaminación e previr posibles alteracións alimentarias naquelas especialidades de Industrias Alimentarias, Hostalería e aquelas outras para o exercicio profesional que se necesite.


CONTIDOS

1: Conceptualización da manipulación de alimentos.

1.1. Riscos para a saúde derivados del consumo de alimentos por manipulación incorrecta.

1.2. Alteración e contaminación.

1.3. Factores que contribúen ao crecemento bacteriano.

1.4. Fontes de contaminación dos alimentos.

1.5. Etiquetado dos alimentos: Interpretación.

1.6. Lexislación aplicable sobre etiquetado e manipulación de alimentos.

2: Áreas de hixiene persoal.

2.1. Mans.

2.2. Boca, nariz.

2.3. Indumentaria de traballo.

2.4. Fumar, comer e mascar chicle.

2.5. Feridas, rasguños e abscesos.

2.6. A saúde dos manipuladores.

2.7. Recoñecementos médicos.

3: O autocontrol na empresa: Sistema de análises de perigos e puntos de control críticos (APPCC).

3.1. Introdución.

3.2. Prerrequisitos.

3.3. Consecuencias derivadas do APPCC para os manipuladores de alimentos.

3.3.1. Os riscos da contaminación cruzada.

3.3.2. Control de temperaturas.

3.3.3. Proceso de aprovisionamento, transporte, recepción e almacenaxe de mercancías.

3.3.4. Proceso de Preelaboración, elaboración e servizo de alimentos e bebidas.

3.3.5. Trazabilidade.

3.4. Limpeza e desinfección: Instalacións, maquinaria, equipos e utillaxe.

3.5. Control vectorial: Desinfección, desinsectación e desratización (DDD)

3.6. Xestión hixiénica de residuos alimentarios.

3.7. Cumprimento das instrucións de traballo nos procedementos operativos da empresa (Guía de prácticas correctas de hixiene da empresa).


Unha vez enviado o formulario, se eres seleccionado, enviarémoste un correo co link da web de formación online, xunto co teu usuario e contraseña.

Terás  un titor que che resolverá dúbidas e consultas.


INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DO CURSO


Este venres día 12 de Agosto recibirás un correo electrónico coas claves de acceso ao *curso en modalidade de Teleformación (online)* MANIPULADOR DE ALIMENTOS DE ALTO RISCO.

*Recorda que comezan o 16 de Agosto e, a partir deste día podes conectarte cando queiras*.

No correo irá toda a información que precisas: web da plataforma de aprendizaxe, usuario e contrasinal individual, guia do alumnado, formas de contacto para consultas e incidencias, etc. Recorda que terás un *titor para cada curso* ao que preguntarlle dúbidas e poderás realizarlle as consultas que precises. 

Por favor, verifica que recibiches o correo (comproba a bandexa de SPAM). Se non o recibiches para comezar o 16 de Agosto, avisanos para comentalo coa Academia de Formación.

Podes acceder á plataforma de formación a través do seguinte enlace:

PINCHA AQUI PARA ACCEDER AO CURSO



PIE