Introduce o teu correo electrónico e enviarémosche unha ligazón para restablecer o teu contrasinal.
Rexistra a túa demanda de Emprego e inscríbete nas ofertas.
Rexistra a túa empresa e publica as túas ofertas.
A Federación
Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha
un novo programa de formación e asesoramento ao sector comercial
galego.
Nesta
ocasión, o ciclo céntrase en catro grandes áreas clave para o presente e futuro
do comercio:
·
Dixitalización
·
Marketing
e Vendas
·
Mestión
e Estratexia
·
Tendencias
e Sostibilidade
Ao longo das sesións, exploraranse
ferramentas prácticas para mellorar a visibilidade online, optimizar a xestión
do negocio, coñecer novas formas de conectar coa clientela e incorporar
criterios sostibles no día a día comercial.
Unha oportunidade para actualizar coñecementos e impulsar a competitividade do
comercio de proximidade en Galicia.
XORNADA
DE PRESENTACIÓN:
Este acto de presentación servirá como punto de partida para coñecer os obxectivos e temáticas do programa Impulsa Comercio Galicia.
IR AO PROGRAMA FORMATIVO E INSCRIPCIÓN.
AXENDA DE
OBRADOIROS:
OBRADOIRO: Factura electrónica vs Verifactu: diferencias, obligación e solucións.
DATA: 24
de xullo de 2025
HORA: 11:15H
LUGAR: Confederación de Empresarios de Pontevedra
MODALIDADE::
Presencial ou a través de Microsoft Teams
CONTIDO: Nesta sesión descubrirás como automatizar o teu proceso de facturación electrónica e adaptarte ás novas obrigas legais dunha maneira sinxela, segura e conforme á normativa vixente da AEAT, emitindo facturas en formato Facturae, cumprindo coa lexislación actual, e preparándote para a integración co sistema VeriFactu, garantindo a trazabilidade e validación ante a Axencia Tributaria.