PROGRAMA DE MENTORING E COACHING PARA A BUSCA DE EMPREGO

12/12/2024
PROGRAMA DE MENTORING E COACHING PARA A BUSCA DE EMPREGO

Poderás participar nun programa innovador que emprega técnicas de mentoring e coaching orientadas á busca de Emprego que che permitirá desenvolver a túas capacidades e acadar os teus retos profesionais.

O mentoring é un proceso de ensinanza no ámbito profesional guiado por unha persoa con máis experiencia e coñecementos, que asume o rol de mentor.

 

A través de metodoloxías activas e participativas traballarán diferentes técnicas efectivas de busca de emprego que serán adaptadas a cada membro do grupo, tendo en conta a súa situación, os recursos e o perfil profesional.

 

As metodoloxías empregadas serán:

 

·       Aprendizaxe circular: trátase dun círculo de persoas que falan o mesmo idioma profesional e persoal, xerando así unha aprendizaxe común.

·   Diversidade de opinións: o debate e a discusión mellora a capacidade de análise das diferentes situacións.

·   Networking e contactos: é fundamental establecer relacións profesionais.

 

Mediante o programa de mentoring, as persoas participantes axúdanse e apóianse uns aos outros, aprendendo da propia interacción e traballo en equipo cos compañeiros e compartindo experiencias e situacións parecidas.

 

Os temas a tratar serán:

 

·       Técnicas de busca de emprego.

·       Planificación da axenda semanal de busca de emprego.

·       Análise do mercado laboral da zona.

·       Creación do itinerario profesional personalizado.

·  Proceso de creación e adaptación do CV e carta de presentación as demandas laborais.

·     Organización do envío de CV ante ofertas dispoñibles e autocandidaturas.

·       Avaliación dos resultados dos plans individuais.

 

O mentoring grupal basea os seus resultados positivos na vinculación, nivel de compromiso e capacidade e na colaboración dos participantes.

 


OBXECTIVOS DO PROGRAMA

Brindar un sentimento de pertenza a un equipo.

Fomentar o traballo en equipo.

Aprender e apoiar aos compañeiros do programa.

 

Traballar as técnicas aprendidas de busca de emprego.

 

Identificar e desenvolver o propio perfil profesional.

 

Planificar o itinerario profesional.

 

Analizar as demandas do mercado laboral en base ao

Perfil profesional.

 

Aproveitar os recursos da contorna na busca de emprego.


CALENDARIO


O grupo de Mentoring será os luns: 6, 13 e 20 de xuño.


Realizaremos unha segunda edición do Programa grupal no mes de Septembro.



INSCRÍBETE


CONSULTA A LISTAXE DE ADMITIDOS NO DOCUMENTO ADXUNTO!!!






Galería
Documentos

Novas relacionadas

Non encontraronse novas
  • Inicio
  • PROGRAMA DE MENTORING E COACHING PARA A BUSCA DE EMPREGO