Axudámoste

Qué facemos

Desenvolvemos programas especializados de inserción e asesoramento personalizado e ofrecemos unha ampla gama de servizos para facilitar a inserción laboral, o crecemento das empresas e o acceso a novas oportunidades, acompañando á empresas e traballadores en cada etapa do proceso. Creemos no valor das persoas e no talento como motor de cambio. O noso obxectivo é conectar a profesionais con novas oportunidades e axudar ás empresas a construír equipos sólidos e competitivos.

Información, orientación e asesoramiento

Contarás con sesións de información, orientación e asesoramento personalizadas e poderás participar en sesións para a mellora de habilidades e competencias para o emprego e o emprendemento.

Formación

Deseñamos un programa formativo adaptado ao perfil das persoas usuarias que participan no programa integrado de emprego fomentando o desenvolvemento de itinerarios personalizados que faciliten a consecución dos teus obxectivos profesionais.

Programa de mentoring e coaching para a busca de emprego

Poderás participar nun programa innovador que emprega técnicas de mentoring e coaching orientadas á busca de Emprego que che permitirá desenvolver a túas capacidades e acadar os teus retos profesionais.

Programa de fomento da capacidade emprendedora

As accións deste programa teñen como obxectivo axudar as persoas usuarias a descubrir e identificar as súas propias inquietudes emprendedoras e fomentar o talento empresarial.

Intermediación e prospección laboral

A través da prospección e rastreo do mercado de traballo estarás informado das ofertas de traballo que mellor se adaptan ao teu perfil facilitando o emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

Prácticas non laborais

As persoas usuarias do Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela poden acceder a un programa de PRÁCTICAS PROFESIONAIS NON LABORAIS nas empresas colaboradoras.

Programa de acompañamento á empresas

Servicio pensado para axudar a mellorar a competitividade do tecido produtivo.