NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO DA ECONOMÍA AZUL

Publicado por Julia.
29/09/2025

NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO DA ECONOMÍA AZUL

FORMACIÓN OUTDOOR

 

A Economía Azul representa unha das grandes apostas de futuro para Galicia, combinando innovación, sustentabilidade e desenvolvemento local.

Esta xornada de formación outdoor está deseñada para achegar ás persoas participantes ao corazón desta transformación, a través do contacto directo con dúas empresas referentes no sector: ORPAGU, (Organización de Palangreros Guardeses), e Ronáutica Marinas.

Durante a visita, coñeceremos de primeira man os procesos produtivos, os perfís profesionais máis demandados e as novas oportunidades laborais que xorden arredor da economía azul.

As oportunidades de emprego na economía azul abranguen múltiples sectores, desde a pesca e a acuicultura sostibles, a enerxía mariña e o transporte marítimo, ata a biotecnoloxía e o turismo ecolóxico. Este modelo promove a conservación dos ecosistemas mariños e a sustentabilidade, xerando novos postos de traballo en ámbitos como a formación, a consultoría e a innovación.

A actividade inclúe dinámicas de grupo, espazos de reflexión e intercambio, e busca inspirar vocacións, fomentar a empregabilidade e conectar talento local coas necesidades reais das empresas da Economía Azul.




Programa:

 Punto de encontro: Sede Asociación de Empresas de Redondela.

09:00 h – Recepción e benvida ás persoas participantes

09:45 h – Presentación da xornada e contextualización sobre a Economía Azul e as oportunidades de emprego no sector

10:00 h – Saída en transporte colectivo cara ás instalacións das empresas

10:30 h – Visita guiada a Ronáutica Marinas: innovación en infraestruturas náuticas e perfís profesionais vinculados

11:45 h – Visita guiada a ORPAGU: pesca sostible, comercialización internacional e novas competencias laborais

13:00 h – Regreso ao punto de partida








  • Inicio
  • Novas
  • NOVAS OPORTUNIDADES DE EMPREGO DA ECONOMÍA AZUL