OBRADOIRO FORMATIVO: IGUALDADE DE XÉNERO E OPORTUNIDADES LABORAIS

Publicado por PIE.
22/09/2025

OBRADOIRO FORMATIVO:  IGUALDADE DE XÉNERO E OPORTUNIDADES LABORAIS

DATA: Do 22 ao 30 de setembro

DURACIÓN: 10 horas

MODALIDADE: Teleformación

CONTIDO

Neste obradoiro, de carácter formativo e reflexivo, traballarase a:

- Comprensión dos conceptos fundamentais de igualdade, como a diferenza entre sexo e xénero, os roles e estereotipos, a igualdade formal e real, así como termos clave como patriarcado, feminismo ou discriminación.

Análise da reprodución das desigualdades, abordando cuestións como a fenda salarial, a segregación horizontal e vertical, o teito de cristal e os micromachismos, prestando especial atención aos sectores laborais feminizados.

Ferramentas e estratexias para avanzar cara á igualdade, coñecendo a lexislación vixente (Constitución Española, Lei de Igualdade), o uso da linguaxe inclusiva, e exemplos de accións institucionais e comunitarias. Traballarase tamén o empoderamento persoal e a corresponsabilidade.

Prevención da violencia de xénero, identificando tipos de violencia, sinais de alerta, recursos dispoñibles e metodoloxías para a intervención dende unha perspectiva igualitaria e educativa.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación final para consolidar os coñecementos adquiridos e fomentar a aplicación práctica no contexto laboral e social.


ENLACE A FORMACIÓN:  https://sites.google.com/view/igualdade-de-xnero-e-oportunid/inicio


  • Inicio
  • Novas
  • OBRADOIRO FORMATIVO: IGUALDADE DE XÉNERO E OPORTUNIDADES LABORAIS