LIDERADO FEMININO EN SECTORES ESTRATÉXICOS

Publicado por PIE.
11/03/2026

Data: 11/03/2026
Horario: 09:00 – 14:00
Duración: 5 horas
Lugar: OPMobility (Avenida da Estación, 33, Redondela)


liderado feminino no sector industrial e da automoción é cada vez máis visible e necesario para avanzar cara a entornos laborais máis diversos, innovadores e igualitarios. Nesta actividade achegarémonos á realidade dunha empresa do sector, coñecendo de primeira man o seu funcionamento, o compromiso co benestar das persoas traballadoras e as oportunidades profesionais que ofrece. 



Contidos do programa

• Benvida institucional e presentación da empresa.
• Experiencia profesional dunha madrina do sector da automoción: motivación, esforzo e desenvolvemento profesional.
• Visita guiada polas liñas de produción e coñecemento dos procesos de traballo na fábrica.
• Compromiso empresarial coa diversidade, a igualdade e o benestar laboral.
• Espazo para preguntas e reflexión sobre as oportunidades laborais no sector industrial e da automoción.


  • Inicio
  • Novas
  • LIDERADO FEMININO EN SECTORES ESTRATÉXICOS