Introduce o teu correo electrónico e enviarémosche unha ligazón para restablecer o teu contrasinal.
Rexistra a túa demanda de Emprego e inscríbete nas ofertas.
Rexistra a túa empresa e publica as túas ofertas.
O Programa Xuventude Mentoring na Empresa consiste nun programa de estadías formativas en empresas vinculadas a sectores estratéxicos de Galicia, destinado para a mocidade de entre 18 e 30 anos.
ou descarga aquí o formulario de inscripción ou consulta o extracto da convocatoria.
Prazo de inscripción aberto ata o 31 de outubro de 2024.
Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
Os destinatarios finais son as persoas mozas que deberán cumprir os seguintes requisitos no momento da súa selección.
ESTADÍAS FORMATIVAS EN EMPRESAS DE SECTORES ESTRATÉXICOS DE GALICIA: Aeronáutica, Agroalimentación, Automoción, Enerxías renovables, Madeira/forestal, Metalmecánico, Naval, Pedra Natural, Textil/moda, Tecnoloxías da información e da comunicación, Calidade de vida e benestar.
O período das estadías formativas en empresas será de 3-4 meses cunha duración mínima de 100 horas mensuais e catro días semanais. (Data límite de realización das estadías formativas 31 de marzo de 2025).
As bolsas de formación serán de 661,50€ ao mes, incrementada en 100€/mes en caso de persoas con discapacidade e unha axuda de de custo por desprazamento de 100 €/mes cando o concello do centro de realización da estadía formativa non sexa o mesmo que o concello de residencia.
As persas mozas participantes contarán cunha persoa titora encargada do seguimento.
PLAN FORMATIVO COMPLEMENTARIO EN HABILIDADES E COMPETENCIAS PARA O EMPREGO.
40 horas de formación que combinarán os formatos presencial e online.
En Redondela localízanse importantes empresas dos principais sectores estatéxicos de Galicia hacia as que estarán orientados os programas de estadías formativas en empresas.
Aeronáutica
Agroalimentación
Automoción
Enerxías renovables
Madeira/forestal
Metalmecánico
Naval
Pedra Natural
Textil/moda
Tecnoloxías da información e da comunicación
Calidade de vida e benestar
Se a túa empresa pertence a calquera de este sectores e estás interesado en participar no programa contáctanos.
Enviar correo xuventude.mentoring@empresasredondela.gal