OBRADOIRO FORMATIVO: OFERTAS LABORAIS FORA DO CONCELLO

Publicado por .
11/07/2025

OBRADOIRO FORMATIVO: OFERTAS LABORAIS FORA DO CONCELLO

DATA: 11 de Xullo de 2025

HORARIO: 09:00h-14:00h

DURACIÓN: 5 horas

LUGAR DE IMPARTICIÓN: Asociación de Empresarios de Redondela

MODALIDADE: Presencial




CONTIDO


Este obradoiro, de carácter práctico , está orientado a proporcionar ás persoas participantes ferramentas efectivas para a procura activa de emprego en concellos limítrofes e zonas próximas.


Durante a sesión, traballarase de xeito dinámico en:


  • Coñecendo a túa contorna e os recursos dispoñibles para a mobilidade. Localización das empresas estratéxicas de cada concello.


  • Consulta de portais de emprego xerais e especializados: manexo de páxinas web con ofertas segmentadas por sectores profesionais.


  • Uso de empresas de traballo temporal (ETTs): localización, rexistro e seguimento de oportunidades a través destas axencias.


  • Contacto das confederacións empresariais, asociacións sectoriais e concellos: como acceder aos seus recursos e canles de información laboral.


Ao remate do obradoiro faise entrega dunha guía de recursos que lles sirva de apoio na procura de emprego e na presentación de autocandidaturas.





  • Inicio
  • Novas
  • OBRADOIRO FORMATIVO: OFERTAS LABORAIS FORA DO CONCELLO